Publicador de contidos

Publicador de contidos

Descubrindo a Serra da Enciña da Lastra, natureza mediterránea en Galicia

Descubrindo a Serra da Enciña da Lastra, natureza mediterránea en Galicia

As aciñeiras dominan a vexetación deste parque natural que debuxa formacións de rocha calcaria e ofrece tamén a sorpresa da maior concentración de orquídeas do país

 

G24.gal 19/09/2026 15:30 Última actualización 18/09/2026 21:41

Entre as sorpresas que nos ofrece o territorio galego podemos atopar unha paisaxe cun clima diferente, un parque natural á beira do Sil dominado por árbores mediterráneas.

Debuxan tamén o seu perfil as rochas calcarias de formas particulares, con covas ás que chaman palas e formacións verticais que acollen niños de aves coma o voitre branco.    

Ademais, a Enciña da Lastra alberga tamén a maior concentración de orquídeas salvaxes do país, con case 30 especies.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade