O Adif recepciona as obras da estación Intermodal de Lugo, que aínda non ten data de apertura
Este mércores abriuse ao tráfico a praza de Conde Fontao e a rúa Alta
As instalacións da nova estación de tren aínda non teñen data fixada para a apertura
En Lugo a apertura da nova estación intermodal vaise demorar aínda varias semanas malia que o Adif recepcionou este mércores as obras desa infraestructura e dos novos accesos.
Despois de dous anos desde que comezaron as obras, e de varios atrasos, a cidade de Lugo vai camiño de estrear nova estación de tren. Pero aínda non se sabe cando, xa que non ten data de apertura. Din que nas próximas semanas. Queda a realización de diversas probas para conseguir as certificacións de seguridade, imprescindibles antes da entrada en servizo da infraestrutura.
O que si se recuperou este mércores é a circulación de tráfico da contorna da estación, despois dunha obras de acondicionamento que se prolongaron varios meses e que orixinaron trastornos na mobilidade entre o norte e o sur da cidade nas horas punta.
A intermodal xa é outro cantar. O Goberno anunciara a visita a Lugo este verán do ministro Óscar Puente para a inauguración, pero podería adiarse ao outono, e mesmo coincidir co remate das obras que executa a Xunta na estación de autobuses da cidade.