As fábricas de xeo cuadriplican as vendas polo verán
As fábricas de xeo non deron abasto neste caloroso verán
Das instalacións de ´"Xeos Ulla" saen toneladas de quilos de xeo en forma de bóla, bloques ou en escamas, que abastecen a hostalaría, sobre todos nos negocios costeiros
As fábricas de xeo non deron abasto neste caloroso verán. Destas instalacións saen toneladas de quilos en forma de bóla, bloques ou en escamas, que abastecen a hostalaría, sobre todos nos negocios costeiros.
O xeo desta fábrica procede dun manancial. Prodúcese en apenas 40 minutos que despois hai que manter a uns 12 baixo cero en cámaras de almacenaxe. Véndese a bo ritmo, semellante, din ao encarecemento dos seus custos de produción.
Neste verán cuadruplicaron as vendas. Agora empezan a encher as cámaras para o Nadal. O negocio, asegúranos, acaba cando empezan os colexios e retómase en decembro cando outra vez repunta o consumo na hostalaría.