Denunciado un veciño de Culleredo como presunto responsable da vertedura de residuos na Zapateira
O abandono de residuos domésticos e de restos de obras orixinou varias entulleiras incontroladas na zona
Imaxe cedida pola Garda Civil
O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil da Coruña denuncia a un home como presunto responsable do abandono de residuos domésticos e procedentes de obra en varios puntos dos montes da Zapateira, en Culleredo.
Os feitos ocorreron ao ter coñecemento os axentes da existencia de varias entulleiras incontroladas na zona, iniciando unha investigación para a localización de presunto responsable ou responsables.
No transcurso da mesma, tras o estudo da información solicitada nas inspeccións oculares e as xestións realizadas, os gardas civís actuantes puideron constatar que os mesmos procedían supostamente dunha vivenda situada nunha zona relativamente próxima, na que se estaban desenvolvendo unhas obras.
Tras a localización do posible foco dos residuos, solicitáronlle a documentación que amparase as obras e a xestión de residuos, non presentando o responsable ningún tipo de documento ao respecto.
A Garda Civil procedeu á confección das correspondentes actas denuncia por carecer de autorización municipal para a realización e por supostas irregularidades en materia de xestión de residuos.
No transcurso de posteriores servizos, os compoñentes do Seprona constataron que os residuos que formaban estas entulleiras foron retirados, quedando a zona restaurada ao seu estado anterior.
Imaxe cedida pola Garda Civil