Publicador de contidos

Publicador de contidos

A rotura dunha tubaxe anega rúas de Coia e deixa sen auga un cento de veciños

A rotura dunha tubaxe anega rúas de Coia e deixa sen auga un cento de veciños

Os veciños din que o problema se leva repetindo ata catro veces en só seis meses

Piden que o Concello e a empresa de augas fagan unha renovación a fondo das tubaxes

 

G24.gal 15/05/2026 14:49

Sobre as seis e media da tarde deste xoves, os veciños dun bloque de mis de cen vivendas do barrio de Coia quedaron sen auga e a rúa da Garda transformouse nun río. 

"Coma se fose un río grande cando chove a mansalva, pois igual. Comeza a botar auga sen parar ata a rúa de aí abaixo onde estanca e para os coches é difícil circular. Corre por toda a rúa e quedamos sen auga". 

Esta mañá aínda eran ben visibles os cascallos e o barro que foi deixando a riada. Un episodio que, segundo os veciños, se repite unha e outra vez ultimamente. 

"É a cuarta ou quinta vez que pasa. Volve rebentar máis gordo ca antes no mesmo sitio; que reparan?". 

As riadas estragan cada vez máis o acondicionamento da contorna, por iso os afectados lle piden ao Concello e á empresa concesionaria do abastecemento de augas unha renovación definitiva da tubaxe. 

"Van parcheando e iso así non pode ser. Rompen, reparan e o xardín e todo iso así queda. Que puxemos todo novo e veña, roto, roto e roto; estamos pagando o roto. Eu non sei de quen é a culpa, se é do Concello ou de Aqualia, pero alguén ten que reparar isto dunha vez!".

A ríada deixou un regueiro de pedras e lama na rúa da Garda A ríada deixou un regueiro de pedras e lama na rúa da Garda
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade