Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fartos dos asulagamentos na contorna do regato Valdecorvos en Pontevedra

Fartos dos asulagamentos na contorna do regato Valdecorvos en Pontevedra

O problema empeora cada vez máis polo incremento da poboación e o cambio climático

G24.gal 07/05/2026 21:26

Cada vez que chove un pouco os veciños das rúas Casimiro Gómez e Fernando Olmedo en Pontevedra bótansea tremer. O regato Valdecorvos sae do leito e asulaga rúas e garaxes e mesmo o centro de tecnificación deportiva.

Son augas fecais mesturadas con pluviais, algúns veciños perderon varios vehículos polas enchentes.

A última vez que se inundou foi o pasado martes tras unha bátega de apenas quince minutos. Hai 50 anos que se asulaga pero cada vez é peor, co cambio climático e coas novas vivendas na nova urbanización de Valdecorvos.

Hai veciños que perderon ata tres vehículos, empresas, comercios e restaurantes afectados. As augas das enchentes son mestura de pluviais e fecais polo que os veciños están máis fartos aínda.

Agora temen ademais que as obras previstas para a rúa Casimiro Gómez non contemplen a canalización do regato Valdecorvos, o seu saneamento e que non todas as augas residuais e fecais do centro de Pontevedra pasen por aquí provocando rebentóns.

Consideran que Augas de Galicia e Concello de Pontevedra deberían poñerse de acordo e resolver o problema de vez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade