Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un xabaril cóase nunha sardiñada de san Xoán en Boborás: "A hospitalidade vai por diante"

Un xabaril cóase nunha sardiñada de san Xoán en Boborás: "A hospitalidade vai por diante"

O momento foi gravado e compartido nas redes pola propia alcaldesa, Patricia Torres, que cualificou a visita como "inesperada"

G24.gal 25/06/2026 12:24

Os veciños da parroquia de Vilachá, no municipio ourensán de Boborás, viviron a pasada noite de san Xoán unha estampa canto menos singular, cando un xabaril se coou na celebración e terminou ata degustando algunha das sardiñas que se preparaban na festa.

O momento foi gravado e compartido en redes pola propia alcaldesa, Patricia Torres, que cualificou a visita como "inesperada". "Apareceu por alí, sen avisar e sen estar invitado, pero como en Boborás a hospitalidade vai por diante, pois nada, servíuselle tamén a el", chancea a rexedora nunha mensaxe nas súas redes sociais, no que tamén recolle que o animal "deu boa conta das sardiñas que puido e que lle deixaron".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade