Cargando resultados...
Un voo para perseguir a eclipse
30 astrónomos van poder seguir este fenómeno dende un avión de Iberia
G24.gal
12/08/2026 14:31
Dentro das múltiples opcións para seguir a eclipse hai unha á que só vai poder asistir un grupo moi pequeno de privilexiados. Uns 30 astrónomos van poder seguir este fenómeno dende un avión de Iberia.
O voo saíra as sete menos cuarto do Aeroporto Adolfo Suárez-Madrid Baraxas e situarase ao norte da provincia de Palencia, a uns dez mil metros de altura. Dende alí emitiran en directo a eclipse.
No avión, un Airbus A321XLR, irán uns trinta astrónomos do proxecto Shelios, unha iniciativa que organiza viaxes a distintos puntos do planeta para observar eclipses e outros fenómenos celestes. O voo leva o código IB1473 en homenaxe ao ano de nacemento do astrónomo Nicolás Copérnico.