Veciños de Esteiro, en Muros, piden medidas para controlar os xabarís
Gravaron unha manda cuns dez exemplares a carón das casas
Quéixanse de danos nos cultivos e do perigo de accidentes
Pola estrada pola que baixan as famosas carrilanas de Esteiro, fano tamén os xabarís.
Veciños da Ribeira do Maio retrataron a súa última visita hai unhas tres semanas. Chegaron cando aínda había luz e acompañados de toda a familia.
Semella que perderon o medo e baixan buscar alimento fozando nas poucas leiras que aínda se traballan na zona.
Danos nos cultivos, nos peches e tamén preocupación para os condutores. Non moi lonxe deste lugar, Manolo desfixo o coche ao bater contra un.
Piden que as administracións competentes tomen medidas canto antes porque o problema, din, vai a máis.
Unha solución para evitar que se descontrole a poboación de porcos bravos e que imaxes así non se volvan producir.