Publicador de contidos

Publicador de contidos

Onde estaba eu durante aquel solpor

Onde estaba eu durante aquel solpor

Quedadas familiares ou con amigos, todos lembraremos o que fixemos aquel día máxico

O Sol e a Lúa serán hoxe os protagonistas
G24.gal 12/08/2026 14:34

Hai días difíciles de esquecer, e hoxe será un deles. Todos imos lembrar que estabamos facendo e con quen nese preciso instante. Se algo tivemos, foi tempo e información para planealo a conciencia.

"Con amigos, ademais é un día destes históricos, un pouco como a final da Copa, cando che pregunten dentro de 20 anos con quen viches? Pois mira cos meus amigos". "Hoxe pola mañá xa fun á panadería comprar pan para facer bocadillos, vou coa familia, rapaces e rapazas e polo tanto vai ser unha tarde inesquecible". "Imos ver a eclipse en casa do meu irmán que vive no Carril, fronte a Cortegada e entón pois alí vaise ver ben".

"Temos pensado ir á praia e quedar logo para máis tarde e ver a choiva de estrelas que vén". "Vou coller agora mesmo unhas pinturiñas para prepararlles unha caixa para os nenos para mirar a eclipse e iremos aquí á praia do Campanario, en Bamio, que é a nosa praia familiar e tal, e estaremos entre amigos, levaremos algo de comer e miraremos a eclipse alí cos nenos e pasar a tarde", comentan varias persoas en Vilagarcía.

Outras van pasar esta tarde coma outra calquera:

"Teño un plan, vou facer salsa de tomate, que se me estragan os tomates na leira", apunta unha muller.

En moitas familias a eclipse está a ser tamén unha fonte de conflitos

"Miña nai estame dicindo que temos que ir á Coruña ver a eclipse, pero eu quería pasar o día cos meus amigos". "Existe un confito familiar, como xa vistes, porque el quere estar cos seus amigos, eu quero estar cos nosos amigos, pero seguramente gaña a miña parte, ou sexa, que non lle queda máis remedio".

E será que non demos leria dabondo coa eclipse, que hai quen mesmo despistou o día.

"Ah, hoxe é a eclipse, é verdade, é verdade, pérdoa, pérdoa, xusto me colle dentro do tren, ben vou estar no AVE, ao mellor dende alí a podo ver", chancea un señor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar