Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mercar as lentes a última hora, unha misión case imposible

Mercar as lentes a última hora, unha misión case imposible

Levaban meses dispoñibles no mercado, pero a febre desatouse á última hora

Sen lentes homologadas non hai eclipse segura

G24.gal 12/08/2026 14:14 Última actualización 12/08/2026 14:22

Os que agardaron ata hoxe para mercar as lentes, van quedar coa gana. Levaban meses dispoñibles no mercado, pero a febre desatouse á última hora.

A peregrinación repítese por ópticas, farmacias e tendas. Moitas poñen o cartel de lentes esgotadas. Porque tamén eles están esgotados de dicir que non. E se non as hai pagando, menos aínda naqueles puntos onde as repartiron gratis.

Algúns propoñen alternativas, como compartilas, sempre que ninguén mire o sol sen elas.

O caso é gozar con seguridade do fenómeno, e niso fixeron ben os máis previsores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos