Cheo absoluto nas embarcacións que ofrecen ver a eclipse desde o mar
Desde Capitanía Marítima pide precaución no mar, cumprir as normas de navegación e atender as indicacións da torre de control
Ultímanse os preparativos a bordo para ofrecer ao público a mellor forma de vivir o espectáclo da eclipse.
"Imos facer saídas nos nosos veleiros tanto para familias coma prazas soltas", di Ana Suero, de Altavela Sada.
Ana é unha das empresarias que ofrece viaxes a través da súa web. Di que a demanda supera con moito as súas expectativas.
"Hai tempo que nos empezaron a preguntar e non deixan de entrar solicitudes tanto de nacionais coma de estranxeiros".
Juan Fernández leva toda a súa vida na ría de Ferrol. A súa lancha é un dos atravtivos turísticos da cidade. E esta tarde será unha das embarcacións que ofrezan a vista privixeliada desde o mar.
"Sairemos pola ría de Ferrol, vendo os castelos. E xa no momento da eclipse, se o mar o permite, verémolo desde fóra da ría", explica Juan Fernández, patrón do Rías Altas I.
Desde Malpica ao Ortegal son moitas as embarcacións que sairán ao mar con viaxeiros. Desde Capitanía Marítima piden especial precaución e respectar en todo momento as normas de navegación.
"O principal é levar as luces, equipo de seguridade, velocidade axeitada e facer caso en todo momento das indicacións da torre de control", explica o capitán marítimo da Coruña, Domingo Pose.
Salvamento marítimo ten preparado un dispostivo especial con reforzo de persoal e de medios para atender calquera incidencia ante a gran demanda do turñismo nautico.
"Desde o golfo Ártabro vese a entrada en España deste acontecemento. E desde o mar temos un sitio exclusivo", di Ana.
Aínda queda algunha praza para quen se queira animar a facerse ao mar.