Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vigo e Vilagarcía desaconsellan o baño nas praias da Punta e do Campanario por bacterias fecais

Vigo e Vilagarcía desaconsellan o baño nas praias da Punta e do Campanario por bacterias fecais

Nos dous areais hai presenza de E. coli nas augas, segundo as últimas analíticas 

Praia da Punta, Teis. Concello de Vigo. Praia da Punta, Teis. Concello de Vigo.
G24.gal 12/08/2026 15:21

O Concello de Vigo desaconsella o baño na praia da Punta, situada no barrio de Teis, debido á o detección de bacterias fecais de Escherichia coli nas últimas analíticas realizadas á auga deste areal.

Nun comunicado, o Goberno local informou de que os servizos municipais comprobaron que a depuradora e a rede de saneamento da zona funcionan correctamente, polo que se están investigando as posibles causas que poidan motivar esta situación.

E. coli tamén no areal do Campanario 

Será este venres cando se coñeza a nova analítica realizada este mércores pola Xunta de Galicia, segundo o Concello.

A mesma situación vívese na praia do Campanario de Vilagarcía de Arousa. Alí, tamén o goberno municipal prohibiu temporalmente o baño ao detectarse niveis de E. coli superiores aos permitidos.

Tamén se realizou unha nova análise e nos próximos días coñecerase o resultado dos mesmos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade