Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha veciña de Moaña vive cercada polo lixo dunha muller con síndrome de Dióxenes

Unha veciña de Moaña vive cercada polo lixo dunha muller con síndrome de Dióxenes

A muller xa morreu, pero o lixo aínda queda na vivenda lindeira

G24.gal 09/06/2026 14:03 Última actualización 09/06/2026 14:26

Carmen Allú, unha muller de Moaña, ten a casa cercada polo lixo e non a pode usar. Mantén fiestras e portas tapiadas para que os refugallos da vivenda lindeira non entren na súa.

O pasado abril morreu a muller que padecía a síndrome de Dióxenes. O Concello limpou a vivenda pero aínda quedan residuos no predio do lado.

Carmen xa non sabe a quen recorrer. Leva máis de dez anos fóra da casa por este motivo e agora quérella deixar á súa filla. Requiriu máis de cinco veces ao Concello pero non lle fixeron caso. Ponlle de escusa a presenza de dúas acacias na casa.

Allú ten unha hepatite autoinmune polo que é moi sensible a calquera virus ou bacteria. Di que cando vai á casa ás veces escoita os ratos tras as portas.

Dáse a circunstancia de que unha vez fixo unha limpeza exhaustiva e deixou as bolsas de obra co lixo na rúa e puxéronlle unha denuncia no concello e tivo que retiralas.

Agora coa chegada da calor o problema de cheiro e podremia increméntase polo que prega por unha solución urxente e porque rematará sendo un problema sanitario para todo a zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade