Nas Xubias de Abaixo, na Coruña, séntense illados desde finais de marzo por mor das obras do escaléxtric do CHUAC
Nas Xubias de Abaixo, na Coruña, séntense illados desde finais de marzo por mor das obras do escaléxtric do CHUAC
Piden unha pasarela peonil
Os accesos para desprazarse a pé din que só serven para os novos
"Estamos illados". "Parece que estamos no cárcere".
Así din sentirse os veciños das Xuvias de Abaixo desde finais de marzo, que foi cando comezaron as obras para derrubar o escaléxtric do CHUAC. Unhas obras que obrigaron a cortar o paso tanto peonil como do tráfico rodado, por esta estrada que os unía ás Xuvias de Arriba.
"Alí está a farmacia, a parada do bus... e hai moitos veciños que dependemos de alguén que teña coche para facer calquera recado".
Porque para desprazarse a pé teñen que superar esta costa de case 200 metros e que ten unha pendente do 20 por cento...
"A xente maior non a pode subir". "Eu fun facer os recados e tiven que parar tres veces a descansar".
Ou empregar unhas escaleiras que cualifican de perigosas.
"Son perigosas: móvense e esvaras. E se caes... quen che axuda?". "A min dixéronme que para facer a ponte nova ían tardar un ano ou así".
E din que non poden estar tanto tempo aturando esta situación.
"Pedimos un paso polo que ir camiñando". "Non é moito pedir".
Desde a Xunta informáronnos que, en dúas semanas, os veciños das Xuvias de Abaixo contarán coa pasarela peonil que veñen reclamando.