Cargando resultados...
Mergullar na ría de Arousa entre barcos afundidos
Desde Vilagarcía de Arousa pódese percorrer a ría buscando as embarcacións afundidas hai máis de 50 anos para somerxerse entre os seus restos
G24.gal
06/05/2026 14:58
Coñecer a historia baixo o mar visitando varios pecios que agocha a ría de Arousa é posible desde o porto de Vilagarcía de Arousa.
O Aries é un barco marroquí que afundiu no ano 1977 e que desde entón vive nas nosas augas convertido nun auténtico arrecife artificial. Observalo é unha experiencia única só apta para mergulladores.
Tamén se pode mergullar na mesma ría polos pecios do Alejandro e o Santa Isabel, afundidos no 1961 e 1921 respectivamente.