Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sen data para o remate das obras da autovía entre Lugo e Santiago

Sen data para o remate das obras da autovía entre Lugo e Santiago

Desde a Delegación do Goberno sinalan que o treito pendente, o que conecta os concellos de Melide e Arzúa, podería estar listo o vindeiro verán

Imaxe de arquivo dos traballos na autovía en Arzúa (TVG) Imaxe de arquivo dos traballos na autovía en Arzúa (TVG)
G24.gal 04/05/2026 16:41

As obras do último treito da autovía A-54, que une Lugo e Santiago de Compostela, seguen sen data definitiva de finalización. Desde a Delegación do Goberno sinalan que o treito pendente, o que conecta os concellos de Melide e Arzúa, podería estar listo o vindeiro verán.

Este luns o delegado do Goberno, Pedro Blanco, non concretaba ningunha data, asegurando que os traballos avanzan e que o tráfico no novo treito podería abrirse nunha semanas.

Blanco explicou que o tramo pendente está próximo a concluír, o que permitirá reducir o tempo de viaxe entre Lugo e Santiago a apenas 50 minutos.

"Estamos a cumprir tamén nesta infraestrutura crave, que leva décadas sendo unha demanda da cidadanía", subliñou o delegado, quen destacou a importancia desta conexión para mellorar a mobilidade e reforzar a vertebración territorial de Galicia.

A posta en servizo completa da A-54 supoñerá, segundo incidiu, un avance significativo nas comunicacións de Lugo, facilitando os desprazamentos tanto de particulares como de actividade económica e consolidando unha conexión directa e rápida con Santiago de Compostela.

Este proxecto acumula xa anos de retraso respecto aos prazos iniciais previstos. Desde o Goberno central aseguraran hai uns meses que a previsión era poder rematar o treito pendente durante o primeiro trimestre deste ano, algo que non ocorreu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade