Publicador de contidos

Publicador de contidos

Descobren un laboratorio en Boborás con capacidade para producir ata 150 quilos de marihuana ao ano

Descobren un laboratorio en Boborás con capacidade para producir ata 150 quilos de marihuana ao ano

A instalación estaba no baixo dunha casa de Lamela, un lugar onde pasar desapercibido

Hai dous detidos pero, segundo a veciñanza, os inquilinos foron cambiando ao longo destes anos

G24.gal 06/05/2026 14:36

Deran co sitio perfecto. Unha casa de dobre planta en Lamela, unha aldea do concello de Boborás a salvo de miradas indiscretas. 

"Vinos dous minutos. Bos días, boas tardes, e nada máis. A única conversación". "Estaban as 24 horas dentro. Non saían para fóra. E que non os vías fóra".

Na planta baixa, detrás dunhas portas metálicas, agochaban un laboratorio, de aparencia ruda, pero con moita semente de cánnabis e máis de 400 testos para cultivo. Podían producir ata 150 quilos de marihuana ao ano, que, traducido en cartos, no mercado serían uns 300.000 euros.

"Na parte de abaixo víanse luces e, ás veces, escoitábanse uns ruídos raros, así como de aires, coma se fora un aparello de aire". "Sempre chama a atención pero como a casa estaba baleira, pensas que igual viñeron aquí por ser un alugueiro barato, que teñen un traballo que non lles dá para pagar noutro sitio".

Escoitaban, vían sen mirar e sospeitaban.

"Os veciños pasaban e calaban. Todo o mundo sospeitaba algo pero ninguén dicía nada porque é lóxico se non tes confirmación. As veces que saían non eran sempre os mesmos. Estaban uns meses dous, outros meses outros dous. Eu sempre vin homes, estranxeiros. Sabías polo acento que non eran españois".

Na casa, agora precintada pola Garda Civil, a falta de movemento, o que sobraba era luz.  

"Día e noite tiñan a luz acendida. Ás veces pasaban semanas sen vir e as luces quedaban prendidas".

Para o que lles custaba! Engancháranse ao tendido público. Os dous detidos enfróntanse a un delito contra a saúde pública e outro polo enganche ilegal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade