Publicador de contidos

Publicador de contidos

O coñecido coma o Mamotreto de Betanzos enfila o seu remate 20 anos despois

O coñecido coma o Mamotreto de Betanzos enfila o seu remate 20 anos despois

O edificio Mandeo 50 acaba de ser adquirido por un novo propietario para legalizalo e construír vivendas 

G24.gal 05/05/2026 15:16

Goteiras, humidades e lixo que se acumula tras anos de abandono. Os veciños de Betanzos levan anos denunciando a situación da urbanización Mandeo 50.

"20 anos que levamos aguantando os veciños. Agora tapiárono pero antes metíase xente. Era un perigo", din os veciños.

Un perigo tamén para os viandantes que pasan pola zona. Xa se produciron desprendementos de elementos das fachadas.

"Os canalóns sóltanse todos", conta unha veciña.

O Mandeo 50, máis coñecido entre os betanceiros como o Mamotreto, construíuse no 2005. Pero a obra foi finalmente paralizada ao acumular varios expedientes por infraccións urbanísticas.

"Co bonito que é Betanzos e estropealo con estas cousas", asegura un veciño.

A crise da construción deixouno no abandono. Despois de anos en venda, un empresario acaba de adquirir a propiedade para buscarlle unha nova vida a esta edificación.

"Primeiro dicían que o ían tirar. Agora que o arreglan. A ver se é certo".

O empresario está en trámites co Concello para estudar as distintas opcións de adaptalo á normativa urbanística e poder finalizar a construción.

 "As obras empezarán en breve. Pero teñen o problemas duns baixos", di unha veciña.

Un novo proxecto para mudar a imaxe da ribeira do Mandeo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade