Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galiciencia aposta pola ciberseguridade

Galiciencia aposta pola ciberseguridade

Cibersemáforos e escumas vexetais, entre as propostas máis destacadas

G24.gal 15/05/2026 14:23

Un cibersemáforo para evitar a saturación de alertas dixitais ou unha escuma vexetal contra os incendios forestais son algúns dos proxectos presentados este ano.

Elia Lago e Daniela García, do Colexio María Auxiliadora, explican que crearon unha espuma ignífuga vexetal que substitúe as actuais, feitas a base de petróleo. “Trátase dunha alternativa natural”, engaden.

Aquí non hai silencio de laboratorio. A ciencia tócase, móvese e explícase, con estudantes que actúan como auténticos investigadores.

Alex Burguiro presenta un sistema de rego automático que, a partir das previsións meteorolóxicas, permite calcular cando e canto regar. “Se temos que regar 20 litros ao día e vai chover 10, pola mañá regamos 5 litros e pola noite axustamos segundo a chuvia”, explica.

A ciberseguridade marca este ano o foco dos proxectos.

Daniel Duro explica un estudo co que buscan comprobar se o son das notificacións nos dispositivos dos adolescentes pode afectar ao seu rendemento académico, cognitivo e á súa atención.

Raúl Barbeito, do Colexio Lar, presenta unha simulación dunha páxina falsa de Instagram. “Se introduces o usuario e o contrasinal, envíanos os datos”, explica, como exemplo de roubo de información e datos persoais.

O reto non é entender a ciencia, senón saber que proxecto ver antes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade