Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno recoñece que hai máis de 600 narcolanchas no Estreito

O Goberno recoñece que hai máis de 600 narcolanchas no Estreito

O Informe do Departamento de Seguridade Nacional avisa dunha "maior capacidade ofensiva" dos narcos contra as Forzas de Seguridade, recorrendo mesmo ao uso de armas de guerra

Narcolancha interceptada en Chipiona (Cádiz) en 2025 (Garda Civil)
G24.gal 14/05/2026 13:47 Última actualización 14/05/2026 14:20

O Goberno recoñece, a través do Informe do Departamento de Seguridade Nacional, que no Estreito de Xibraltar operan máis de 600 narcolanchas e dunha maior agresividade contra as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, contra os que chegan a empregar armas de guerra.

Segundo a Fiscalía Antidroga, as organizacións criminais medraron un 32 por cento só entre 2023 e 2024.  A vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, presiona o seu compañeiro de Interior, Fernando Grande-Marlaska

Un dos puntos que máis preocupa é o crecente recrutamento de menores por parte dos clans da droga, mesmo para executar asasinatos. Os fiscais que traballan na zona admiten que sen máis medios é imposible. 

Fontes do executivo admiten en privado que puido ser un erro non enviar o titular de Interior ao funeral dos dous axentes mortos en Huelva. Os dous compañeiros feridos evolucionan favorablemente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade