Rescatado un axente do Seprona ao caer coa moto por un cantíl en Carballo
Patrullaba pola zona xunto cun compañeiro cando se precipitou por un desnivel duns quince metros
O Servizo de Gardacostas logrou estabilizado e trasladouno en helicóptero ao hospital da Coruña
Un axente do servizo de protección da natureza, o Seprona, quedou ferido tras precipitarse coa moto por un cantil na parroquia de Noicela, no concello de Carballo.
O Garda Civil patrullaba polo litoral xunto cun compañeiro cando, por causas que se descoñecen, a moto caeu por un desnivel duns quince metros na zona da Pedra do Sal.
O Servizo de Gardacostas de Galicia desprazou de urxencia o Pesca 2 ata o lugar para rescatar o home que quedara inconsciente.
Segundo o corpo autonómico de salvamento, lograron estabilizado no helicóptero e logo trasladárono ao hospital da Coruña (CHUAC).