Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cortan a A-6 no Bierzo en sentido A Coruña por causa dun accidente

Cortan a A-6 no Bierzo en sentido A Coruña por causa dun accidente

O tráfico está sendo desviado nunha saída anterior para evitar a zona do sinistro

(Imaxe: DXT) (Imaxe: DXT)
G24.gal 24/03/2026 12:52 Última actualización 24/03/2026 13:53

Un accidente de tráfico ocorrido no quilómetro 380 da Autovía do Noroeste (A-6), á altura do concello berciano de Congosto, en San Miguel de las Dueñas, provocou este martes o corte total do tráfico en sentido A Coruña.

Os vehículos están sendo desviados na saída 373, uns quilómetros antes do lugar do sinistro, para continuar o seu traxecto pola N-VI, cara á Ponferrada, situada a pouca distancia do lugar do suceso.

Segundo informa a DXT na súa páxina web, o accidente produciuse este luns, pero este martes procedeuse a cortar a autovía para poder retirar da zona un camión sinistrado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade