A nai dun falecido nun accidente en Dumbría leva ao Congreso establecer penas de prisión por velocidade excesiva
A nai dun falecido nun accidente en Dumbría leva ao Congreso establecer penas de prisión por velocidade excesiva
"Busco xustiza para que non haxa máis Joseps", asegura Pilar, nai dun motorista falecido en 2020
Pilar Rosanes é a nai de Josep, un motorista falecido en 2020 en Dumbría cando o levou por diante un condutor que ía a 130 nunha curva limitada a 70. A loita desta nai vaise reflectir este martes no Congreso. Comeza a debaterse unha proposición de lei que reclama penas de prisión por velocidade excesiva.
O condutor foi condenado a dous anos de cárcere, pero que non entrou en prisión ao non ter antedecentes penais.
"Teño a sensación de que a Josep humillouno o seu homicida e o sistema xudicial", asegura Pilar, veciña de Barcelona con orixe galega.
Dende daquela, en agosto do 2020, Pilar involucrouse nunha loita pola xustiza e para endurecer as sancións por velocidade excesiva que chega ao Congreso. O obxectivo é reducir en 10 km hora o límite para que un exceso de velocidade sexa considerado delito penal e non unha simple infracción administrativa.
"Estou facendo xustiza para o meu fillo", di Pilar.
A proposta que se debate rebaixaría de 80 a 70 km/h o exceso punible en vías interurbanas e de 60 a 50 en vías urbanas. "Insuficiente", asegura Pilar, "pero algo é algo".