Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fállanlle os freos a un camión que estaba estacionado e cae ao mar en Vigo

Fállanlle os freos a un camión que estaba estacionado e cae ao mar en Vigo

O vehículo tivo que ser retirado cun gran guindastre

O condutor deixou o vehículo nunha pendente mentres avisaba da súa chegada

O camión caeu ao mar impactando conta varios vehículos estacionados

EFE/Salvador Sas
G24.gal 24/03/2026 11:03 Última actualización 24/03/2026 16:07

Un camión que estaba estacionado no camiño Laranxo, en Vigo, quedou sen freos e acabou caendo ao mar na zona de Teis. Segundo fontes do 112 Galicia consultadas por Europa Press, os feitos ocorreron a primeira hora deste martes nunha zona industrial do porto de Teis, nas inmediacións da praia do Mende.

O condutor estacionou o camión e foi a unha empresa para descargar a mercadoría. De súpeto viu como o camión ía costa abaixo e acababa no mar.

Testemuñas presenciais dos feitos confirmaron a Europa Press que o camión "arrasou" varios coches que se atopaban aparcados polo seu camiño, deixando danos en "catro ou cinco" automóbiles.

En concreto, ata o lugar do incidente desprazáronse os bombeiros, os servizos sanitarios 061, Salvamento Marítimo, a empresa de mergulladores Northcomdiving, o servizo de Gardacostas de Galicia, Policía Nacional, Garda Civil, Policía Portuaria e persoal de Medio Ambiente e Seguridade da Autoridade Portuaria de Vigo. Ademais, a empresa de loita contra a contaminación Segem despregou unha barreira anticontaminación por precaución.

Foi a media tarde cando, coa axuda dun gran guindastre, o vehículo puido ser retirado da auga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade