Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os cruceiros pola Antártida coma os do Hondius realizan a maioría das súas actividades en terra

Os cruceiros pola Antártida coma os do Hondius realizan a maioría das súas actividades en terra

Son barcos pequenos en comparación cos grandes cruceiros e teñen cascos reforzados para o xeo 

A travesía pode durar ata 40 días e oscila entre os 5.000 e os 30.000 euros

G24.gal 08/05/2026 15:11

O que están vivindo nesta fin de travesía os viaxeiros do Hondius está nos antípodas do que caracteriza as expedicións que oferta a compañía holandesa Oceanwide. Desde que se declarou o gromo de hantavirus, os pasaxeiros mantéñense illados nos camarotes e só poden saír a cuberta nos momentos establecidos e de maneira illada. 

Pola contra, nas rutas de ata 40 días que fan pola zona antártica, partindo xeralmente da Patagonia arxentina, o que se procura e que os hóspedes suban rápidamente a cuberta cada vez que hai un avistamento, de baleas, por exemplo, e sobre todo que realicen actividades en zodiac ou en terra. 

O Hondius foi construído en 2019 con cascos reforzados para o xeo e cos requisitos de seguridade que esixe o Código Polar da Organización Maritima Internacional para navegar en condicións extremas. Por iso é tamén un barco pequeno para o que habitual no sector dos cruceiros. Ten capacidade para 170 pasaxeiros en 80 cabinas. As máis espectaculares son as grandes suites con balcón privado, que poden custar ata 30.000 euros, e as máis económicas son camarotes de catro prazas con ventás de ollo de boi. 

Aínda que non deixa de ser unha experiencia de luxo, tanto a nivel gastronómico coma de servizos, a organización recomenda levar un equipamento máis técnico ca elegante, non perder as charlas científicas que dan bordo e sobre todo apuntarse as actividades que ofrecen os 13 guías de expedición que van desde mergullo polar, rutas en zodiac, excursións en helicóptero, cámping antártico e ata a posibilidade de facer limpeza de plásticos nunhas costas que deberían ser territorio virxe. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade