Cargando resultados...
Un accidente cun turismo envorcado provocou retencións na ponte da Pasaxe da Coruña
Un turismo envorcou e provocou o corte de dous carrís
Nun principio pensouse que había un ferido, pero finalmente non houbo que lamentar danos persoais
Imaxe da cámara da DXT
G24.gal
07/05/2026 19:15
Un coche envorcado en Ponte Pasaxe (A Coruña) provocou retencións na estrada de entrada á cidade herculina desde o veciño municipio de Perillo.
Segundo informou o 112, o suceso tivo lugar ao redor das 18.45 horas deste xoves e, aínda que nun primeiro momento pensouse que había feridos, finalmente non houbo que lamentar danos persoais.
O suceso provocou o corte de dous carrís. Unha vez rematados os traballos de retirada do turismo e de limpeza da calzada, restableceuse a normalidade na circulación.