Excarceradas dúas persoas tras unha colisión frontal de dous coches na N-550 en Vilaboa
Tiveron que ser excarcerados os dous conductores e os bombeiros tamén axudaron a saír ao copiloto dun dos vehículos sinistrados
Os Bombeiros excarceraron aos condutores de dous vehículos que chocaron frontalmente na N-550 a altura de Figueirido e tamén axudaron a saír a un copiloto dun dos turismos implicados.
O accidente tivo lugar sobre as 20.30 horas deste sábado. A esa hora, un particular avisaba ao 112 Galicia do sinistro. Indicaba que se trataba dunha colisión frontal con persoas atrapadas na N-550, quilómetro 129, concello de Vilaboa, na provincia de Pontevedra.
De inmediato, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Morrazo e de Pontevedra e da Garda Civil de Tráfico. Así mesmo, pasou aviso ao persoal de mantemento da vía.
Despois de ser liberados, os Bombeiros do Morrazo confirmaron a excarceración dos condutores de ambos os vehículos. Ademais, engadiron que un copiloto dun dos vehículos, aínda que non foi excarcerado, si precisou a axuda dos Bombeiros para saír do interior do turismo.