As piscinas énchense de xente coa vaga de calor
Visitamos o complexo acuático de Monterrei no segundo día de apertura
No mes de xullo teñen previsto abrir novas instalacións
En Monterrei non se pasa calor. Unicamente, agardando quenda para os tobogáns, pero aseguran que a experiencia compensa.
No segundo día de apertura, as instalacións enchéronse de xente que foxe das elevadas temperaturas da cidade.
"Despois de estar no interior de Ourense con moito calor decidimos vir ás piscinas a refrescarnos". "Moi divertido. Como o tempo acompaña estase moi ben", comentan dous usuarios.
A piscina de ondas é un dos maiores atractivos das instalacións.
Tamén está concorrida a zona infantil, con atraccións seguras para os máis cativos.
As tarifas son as mesmas do ano pasado -2'50 os menores de 18 anos e 4'50 os adultos- pero prevén actualizadas cando abran as novas instalacións.