O "Yellow day", o día do ano no que temos máis probabilidades de ser felices
Os factores que fan que este sábado teñamos máis probabilidades de ter bo humor e sentirnos felices son, entroutros que hai máis horas de luz
Este sábado é, entre todos os días do ano, o día en que hai un maior número de factores para que o noso estado de ánima sexa positivo. É o "Yelow day, onde temos máis probabilidades de estar de bo humor.
O día amarelo, a cor do sol, ceébrase tal día coma hoxe. Tradúcese nunha fórmula matemática que certificou un psicólogo e investigador da Universidade de Cardiff, en Gales.
Os factores que fan que este sábado teñamos máis probabilidades de ter bo humor e sentirnos felices son, entroutros que hai máis horas de luz, é o día máis longo e a noite máis curta, que o bo tempo nos permite estar e contacto coa natureza e socializar máis ou que as vacacións xa están á vista.
En realidade hai dous, desde 2012 a ONU estableceu o 20 de marzo como o día Internacional da Felicidade para recoñecer a importancia do benestar como unha aspiración univeral e desde 2005 existe este "Yellow day", o día con máis probalidades de sentir a felicidade.