O Encontro Mundial de Humorismo despídese da Coruña entre gargalladas
O peche da sexta edición da EMHU coincide coa celebración do Día Mundial da Risa
Está demostrado que a risa reforza vínculos, relativiza a realidade e reduce o estrés. Non ten contraindicacións. Celebramos o seu día mundial no lugar con máis gargalladas por metro cadrado, a cidade da Coruña, escenario do Encontro Mundial de Humorismo.
A sexta edición do EMHU quixo brindarlle a homenaxe que se merece ao tesouro da comedia co espectáculo Chisteria Colectiva, que reuniu algúns dos mellores contadores de chistes do país.
Luis Piedrahita, J.J. Vaquero, Xosé A. Touriñán, David Amor, Manuel Manuel, Álex Clavero, Jesús El Negro e a parella cómica Sobria e Serena despregaron o seu repertorio sobre o escenario do Palexco.
Non hai consenso no que nos fai rir, pero si nos beneficios da risa. Cada gargallada é unha dose de saúde que proporciona alivio mental e emocional porque cando rimos liberamos dopamina e endorfirmas que alimentan a felicidade.
Díxoo Charles Chaplin: "Un día sen rir é un día perdido".