Un accidente na AP-9, en Pontevedra, deixa unha muller ferida
Ata o lugar mobilizáronse efectivos do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Axentes da Garda Civil de Tráfico, Policía Local, Bombeiros de Pontevedra, efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e persoal de Autoestradas
Unha persoa resultou ferida este mércores tras saírse da vía e chocar contra a mediana na autoestrada AP-9, ao seu paso pola cidade de Pontevedra.
Segundo informou o 112 Galicia, o aviso deste accidente, que deixou retencións duns dous quilómetros á altura dos puntos quilométricos 120-130, produciuse pouco antes das 12.00 horas.
Ata o lugar mobilizáronse efectivos do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como foron informados axentes da Garda Civil de Tráfico, Policía Local, Bombeiros de Pontevedra, efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e persoal de Autoestradas.