Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescate milagroso en Xunqueira de Espadanedo

Rescate milagroso en Xunqueira de Espadanedo

Un veciño que paseaba pola zona escoitou pedir socorro ao condutor accidentado

O home, de 78 anos, levaba máis de 24 horas ao pé do coche, ferido e empapado

G24.gal 04/05/2026 14:42

"Sentín pedir socorro, con bastante forza, e xa me dirixín a onde saía esa voz", relata Alfonso Caneiro, quen rescatou o condutor accidentado o venres pasado.

Aínda conmovido polo que viviu o sábado á tarde, Alfonso cóntanos como o seu paseo vespertino acabou nun rescate milagroso. A voz que escoitaba viña deste burato, ao pé do camiño, pero a uns dez metros de profundidade.

"Un coche moi amolegado e, ao lado, un señor fóra do coche, movéndose, todo mollado, faltáballe un zapato", explica Alfonso.

O home, de 78 anos, levaba alí máis de vinte e catro horas. Pasou a noite á intemperie e tamén a treboada do sábado á mañá. Estaba consciente, pero non se podía desprazar.

 "Vin que as pernas non as movía, que as tiña sempre na mesma posición. Non sei se era debido á hipotermia que seguramente tiña. Tamén vin que tiña unha mallada feita ao pé do coche. Pelexou por levantarse. Penso que quen se salvou foi el mismo, pola forza que tiña despois de levar alí horas".

O coche botouse da estrada pola marxe dereita, sen deixar apenas rastro na barreira quitamedos, e caeu polo terraplén, ata quedar oculto entre as árbores. Atrás quedou a defensa do coche, pero non se vía desde a estrada. Tamén quedou polo camiño o móbil do condutor, ao que a familia chamou insistentemente.

"A familia andaba buscando nel desde o día que desapareceu. Seguramente chamouno ao móbil e el sentiuno soar, pero non daba con el, porque estaba fóra do coche, no alto do barranco", conta Alfonso.

Un helicóptero medicalizado trasladouno ao hospital de Ourense, onde segue ingresado porque ten fracturas nas costelas e múltiples contusións. Salvouse, pensa Alfonso, de milagre.

"Milagroso porque, se non chego a pasar por alí, eu o calquera, non sei se sería capaz de pasar outra noite".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade