A deficiente sinalización e a falta de educación viaria, claves nos atropelos
"Un bo peón será un bo condutor", din desde unha autoescola de Santiago
O ano pasado rexistráronse en Santiago 40 atropelos con un resultado dunha persoa morta e 36 feridos. A metade producíronse en pasos de peóns sen semáforo. O dato mellora o do ano anterior, en que houbo dez máis.
Postos a analizar as causas destes accidentes, os expertos apuntan 3 factores. Un deles é a deficiente sinalización dos pasos, que lle compete ás administracións responsables de cada vía, como explica Suso Vilariño, profesor da autoescola Santa Eulalia.
E logo está o factor humano. Falta educación viaria de peons e condutores. Abonda con situarse ao carón dun paso de peóns e nun espazo corto de tempo, vemos todas as casuísticas posibles. Distraccións e imprudencias duns e doutros.
Mais que medidas coercitivas, os expertos consideran que hai que incidir na educación viaria. Suso Vilariño asegura que un bo peón será un bo condutor.