Publicador de contidos

Publicador de contidos

Calcínase un comedor anexo a unha vivenda no Porriño

Calcínase un comedor anexo a unha vivenda no Porriño

Temeron pola vida dunha nonaxenaria que pasa moito tempo alí

G24.gal 20/03/2026 12:47

Tremendo susto no Porriño nas últimas horas. Un incendio calcinou o ceador ou merendeiro dunha casa na parroquia de Mosende. As lapas non afectaron  á casa lindeira, pero houbo momentos de moita preocupación porque no lugar facía moita vida unha nonaxenaria con problemas de mobilidad que comía e botaba a sesta alí e que por fortuna non estaba nese momento.

O suceso ocorreu ás dúas do mediodía do xoves nunha casa anexa á vivenda principal no barrio de Quintela. Moitos veciños sentiron o fume inicial pero pensaron que se tratab dunha queima agrícola ata que escoitaron un estourido e comezaron a ver as lapas. Foi entón  cando chamaron a emerxencias.

No momento desatouse o pánico porque Natalia, unha muller de noventa anos pasa moito tempo alí. Todos respiraron tranquilos ao decatáronse  de que a muller acudira a un centro sanitario e non estaba na casa.

Ata o lugar desprazáronse os bombeiros do Porriño que foron os que extinguiron as lapas, Garda Civil, Policía local, Proteción Civil do Porriño e unha ambulancia do cero sesenta  e un. Finalmente só houbo numerosos danos materiais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar