A rotura dunha tubaxe deixa sen auga catro rúas de Carballo máis de trece horas
A avaría xerou molestias tanto en fogares como en negocios de hostalería
A rotura dunha tubaxe de fibrocemento na céntrica rúa Gran Vía de Carballo puxo en xaque unha morea de veciños.
"Eu levanteime ás cinco ao baño e xa non encheu a cisterna". "Estivemos sen luz ata as cinco e media da tarde".
A alerta activouse ás catro da mañá deste xoves e produciuse neste treito duns tres metros de canalización. Porén a veciñanza, conforme se ía erguendo, atopábase con que non tiña auga e cunha morea de dificultades para realizar as tarefas cotiás.
"Eu tiña a lavadora posta, e porque me dei conta, que se non. E a miña filla deixara unha billa aberta e non tivo inundación, pero...".
A avaría afectou tamén locais de hostalería.
"Tiñamos pouca presión e para facer os cafés ou lavar a louza. Foi complicado".
Finalmente, os operarios substituíron a tubaxe de fibrocemento por outra e, así, as catro rúas afectadas en Carballo, recuperaban a normalidade.