Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cortan a auga en Moaña para arranxar un paseo e mellorar o fornecemento

Cortan a auga en Moaña para arranxar un paseo e mellorar o fornecemento

Boa parte do barrio do Con estivo sen auga durante a mañá deste mércores

G24.gal 15/04/2026 13:39

En boa parte do barrio moañés do Con levan toda a mañá sen auga. É unha incidencia prevista e avisada para mellorar a subministración e aproveitando as obras para arranxar o paseo da praia, deteriorado polos temporais de decembro.

Tras meses illados pola derruba do muro do paseo do Con e ter que dar unha gran volta para saír e entrar nas súas casas os veciños do Con están moderadamente satisfeitos co comezo das obras.

Os traballos estanse aproveitando para mellorar a rede de fornecemento de auga con novas válvulas e conducións. Isto provocou un corte de auga na mañá deste mércores que xerou molestias a algúns veciños que non chegaron a sabelo.

As obras aínda se prolongarán no tempo, o que está a piques de rematar é o corte de auga xa que se anunciou que estaría rematado ás tres desta tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade