Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro evacuados a un centro hospitalario ao producirse un incendio nunha vivenda en Ferrol

Catro evacuados a un centro hospitalario ao producirse un incendio nunha vivenda en Ferrol

Os feitos sucederon pasadas as cinco da madrugada deste mércores no segundo andar do número 30 da rúa Cuntis.

G24.gal 18/03/2026 07:47 Última actualización 18/03/2026 08:46

Un incendio nun edificio de Ferrol obrigou a evacuar catro persoas a un hospital da cidade por inhalación de fume. Os feitos sucederon ás 05:15 horas deste mércores no segundo andar do número 30 da rúa Cuntis.

Segundo as primeiras informacións da Policía Local, o inmoble podería estar ocupado e no seu interior habería trapicheo de drogas.

A extinción das lapas demorouse pola acumulación de materiales e enseres. Os bombeiros refrescaron e ventilaron o inmoble.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar