Publicador de contidos

Publicador de contidos

Oliver Laxe: "Estou feliz por todo o que aprendín con 'Sirat'"

Oliver Laxe: "Estou feliz por todo o que aprendín con 'Sirat'"

O cineasta asegurou, nunha conversa con Alfonso Rueda, que é fácil perder "contra cineastas tan bos", en referencia á gala dos Óscars do pasado domingo 

Oliver Laxe na videochamada con Alfonso Rueda
G24.gal 17/03/2026 15:23

O director Oliver Laxe afirmou, nunha videochamada co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que está feliz por todo o que aprendeu coa súa película 'Sirat' e que lle resultou fácil "perder contra cineastas tan bos".

A conversación entre ambos a colgou este martes o mandatario galego nas súas redes, despois de que a cinta non conseguise un Óscar na gala celebrada o pasado domingo nos Ánxeles, á que chegara con dúas nominacións nas categorías de mellor película internacional e mellor son.

Con todo, o filme que narra a busca desesperada dun pai por atopar a súa filla no deserto de Marrocos, está tendo unha gran acollida a nivel nacional e internacional e obtivo o Premio do Xurado de Cannes.

Na conversa por videochamada que mantiveron este martes Laxe e Rueda, este último dille ao cineasta que "é para estar moi orgulloso", ao que Laxe contesta: "Estou feliz, a verdade, por todo o que aprendín".

Na mensaxe que acompaña ao audio, Rueda escribiu "hai persoas que sempre gañan, leven ou non un premio. Oliver é unha delas. Moi orgullosos, si".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade