Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arde unha planta de reciclaxe da Bañeza e obriga a adoptar medidas de protección por toxicidade

Arde unha planta de reciclaxe da Bañeza e obriga a adoptar medidas de protección por toxicidade

O Concello da Bañeza pediu aos veciños que non saian da casa mentres os equipos de extinción traballan no lugar do sinistro

G24.gal 18/03/2026 14:26

Un incendio nunha planta de reciclaxe de plásticos da Bañeza, en León, obrigou os veciños a adoptar medidas de protección pola toxicidade do fume.

O lume continúa activo e as autoridades autonómicas decretaron o nivel 1 de emerxencia do plan territorial de Protección Civil.

O incendio comezou antes das tres da mañá nunha planta de reciclaxe de plásticos e pneumáticos próxima á Bañeza. O material acumulado, altamente inflamable, favoreceu a rápida propagación das lapas e provocou unha densa fumareda visible a varios quilómetros de distancia.

Na extinción do lume participan os bombeiros provinciais e brigadas de medio ambiente. O acceso á zona do incendio, próxima á A-6, permanece pechada e as autoridades autonómicas decretaron o nivel 1 de emerxencia.

A principal preocupación é a toxicidade do fume, polo que o Concello da Bañeza pide aos veciños que non saian da casa, pechen portas e fiestras e utilicen máscara no caso de ter que saír á rúa.

"Ao darse unha situación de altas presións o fume vai moi alto e nestes momentos non hai temor polos efectos dese fume tanto na Bañeza como en Santa Helena".

As instalacións onde se declarou o incendio pertencen a unha empresa que fabrica pavimento de caucho para parques infantís e levan inactivas varios meses. Polo momento descoñécense as circunstancias nas que se orixinou o lume.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar