Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fai dous meses da traxedia de Adamuz, sen que se saiba a causa precisa do accidente

Fai dous meses da traxedia de Adamuz, sen que se saiba a causa precisa do accidente

A investigación sobre os motivos do sinistro céntranse no estado da infraestrutura

G24.gal 18/03/2026 14:11 Última actualización 18/03/2026 14:28

Este mércores fai dous meses da traxedia de Adamuz. As familias das vítimas piden que se coñeza a verdade do accidente que causou a morte de 46 persoas. A investigación, que vai máis lenta do que elas desexarían, segue apuntando a unha rotura da vía.

Dous meses despois, a investigación continúa. Para a CIAF o que fallou foi unha infraestrutura da que Óscar Puente dixo que era unha vía completamente renovada. Unha revisión que cuestionou a propia CIAF así que Puente tivo que rectificar, revisión integral non significa levantar toda a vía.

Polo camiño quedou tamén denuncia de que o Adif retirara probas na zona sen autorización policial. O administrador da infraestrutura dixo despois que o fixera para que non se perderan. 

O último que se sabe é que a rotura da vía puido producirse 22 horas antes do accidente. A empresa que se encarga do sistema de sinalización observou unha caída da tensión compatible coa rotura da vía.

Mentres, a asociación de vítimas convocou unha concentración para este venres en Huelva. Esixen unha investigación exhaustiva e que se coñeza a verdade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade