Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncian o baleirado de contas bancarias cun duplicado de tarxeta SIM en Vilagarcía

Denuncian o baleirado de contas bancarias cun duplicado de tarxeta SIM en Vilagarcía

Varias vítimas presentaron xa denuncia en comisaría, e nalgún caso o importe estafado ascende a decenas de miles de euros

G24.gal 18/03/2026 15:32

En Vilagarcía, varios veciños se atoparon coas súas contas bancarias baleiras. A Policía Nacional investiga os roubos. O que fan os ciberdelincuentes é duplicar as tarxetas SIM do móbil, e deste xeito logo conseguen acceder ás aplicacións das entidades financeiras.  

Unha vez dentro, son quen de desvalixar as contas bancarias. Varias vítimas desta estafa presentaron xa denuncia na comisaría de Vilagarcía. Os delincuentes acceden os nosos datos suplantando a identidade do seu titular ante a operadora, datos que conseguen a través do 'pishing', un engano previo para roubar información confidencial.

Este tipo de estafa comeza ser habitual en moitos puntos de España. Coñécese como swapping. No caso de Vilagarcía, algunhas fontes sinalan que hobu vítimas ás que lles sacaron da conta decenas de miles de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade