Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia pon de moda os 'souvenirs' gastronómicos

Galicia pon de moda os 'souvenirs' gastronómicos

O coidado que moitas marcas poñen na embalaxe fai que moitos turistas opten por levar de volta os nosos sabores autóctonos

G24.gal 18/03/2026 15:09

Din que cada vez é máis frecuente que os turistas leven para a casa peixe ou marisco. Habelos poida que os haxa, pero o malo é dar con eles. Os que levan como recordo percebes e centolas non son un animal mitolóxico pero non abondan e non adoitan ser os que van en avión.

O que está de moda é que o sabor de Galicia sexa a lembranza que os viaxeiros queren compartir de volta aos seus países. Por iso marcas de conservas, chocolates ou tortas perfeccionan as embalaxes para facer do bocado un agasallo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade