Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gardacostas apreixa 660 quilos de polbo furtivo nas primeiras semanas de veda

Gardacostas apreixa 660 quilos de polbo furtivo nas primeiras semanas de veda

Nun único día chegaron a comisar máis de 472 quilos na lonxa do Berbés, en Vigo

Durante o paro biolóxico, intensificáronse os controis no mar e nos puntos de descarga

FOTO: Gardacostas de Galicia FOTO: Gardacostas de Galicia
G24.gal 24/05/2026 12:14 Última actualización 24/05/2026 12:50

O servizo de Gardacostas de Galicia incautouse de máis de 666 quilos de polbo obtivos de xeito irregular nas tres primeras semanas de veda para a pesca desta especie.

Desde o pasado 1 de maio e ata o vindeiro 1 de xullo está vixente un paro biolóxico en augas galegas coincidindo coa época de cría do cefalópodo, polo que a administración autonómica intensificou a vixilancia.

Como resultado das inspeccións, retiráronse do mar máis de 780 aparellos ilegais: 645 cacharros e 138 nasas sen identificar, segundo informa o Goberno galego nun comunicado.

FOTO: Gardacostas de Galicia FOTO: Gardacostas de Galicia

Gardacostas destaca que a maior parte da mercadoría incautada procedía da ría de Vigo. Nun único día, chegaron a comisar máis de 472 quilos de polbo na lonxa do Berbés.

Ademais, asegura que os labores de control do furtivismo vaise manter as vindeiras semanas, tanto no mar coma nos puntos de descarga das capturas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade