Políticas de benestar nas empresas para mellorar a productividade e a fidelidade do persoal
Cada vez máis empresas desenvolven estratexias de benestar para favorecer a conciliación e a saúde dos empregados
Mellores salarios, flexibilidade horaria e teletraballo son algunhas das medidas que incrementan a productividade e a fidelidade dos traballadores
Unha empresa tecnolóxica do Porriño leva anos entre as mellor valoradas polos seus empregados. As estratexidas para incrementar o benestar do persoal permítenlles reter o talento nas súas filas.
"Aquí traballamos cun conxunto de medidas moi amplas para facilitar algo que non é normal no sector, que é que teñamos en torno a catorce anos de tempo medio de permanencia na compañía nun sector tecnolóxico en que o normal é que aos dous, tres ou catro anos a xente se canse ou se frustre e queira cambiar", explica Carlos Pérez, o responsable Financieiro do grupo Visual MS.
Mellores salarios, flexibilidade horaria e teletraballo son algunhas das medidas que poñen en marcha para ter empregados felices. Pero tamén ofrecen bonos para fisioterapia e atención psicolóxica ou días extra de vacacións cada cinco anos.
"Nós implantamos cultura do teletraballo, a flexibilidade e o coidado das persoas dende o momento cero, pero medindo productividade, resultados, etcétera. E vimos que mesmo somos máis productivos porque estamos mellor, traballamos dende as nosas casas. Temos flexibilidade horaria que nos permite conciliar e iso danos un plus que nos permite render máis porque vemos que tamén a empresa se preocupa por nós", dii Mario Conde, o CEO da Área de Ecosistemas de Visual MS.
"Hoxe xa non só contan as condicións económicas, o salario, senon que conta o salario emocional. Conta a capacidade de ter liberdade para moverse, liberdade para traballar dende donde desenvolve a vida coa súa familia", afirma Marcos Eguillor, o director de Negocios de VIDIV, empresa do grupo Visual MS.
Está demostrado que o benestar dos traballadores revirte nun incremento da productividade, e cada vez son máis as empresas conscientes da necesidade de traballar a prol da felicidade do seu personal.