Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ruta da Sidra da Estrada: un plan entre maceiras e lagares no corazón do rural

Ruta da Sidra da Estrada: un plan entre maceiras e lagares no corazón do rural

De abril a setembro tres lagares artesanais organizan visitas e catas 

Están a deseñar paquetes turísticos para completar a experiencia explorando a comarca

G24.gal 20/05/2026 14:31

O sidraturismo colle forza na Estrada cunha proposta cada vez máis completa e tentadora.

"Comezamos organizando a visita das maceiras en flor, e agora ampliamos coas visitas nos lagares de marzo a setembro nunha ruta que podes consultar na web o camiño da sidra na que estamos con productores vascos e asturianos", di Miguel Soto, técnico agrícola e promotor da ruta.

"A comarca do Deza e a Estrada teñen un potencial enorme para este turismo de natureza, só temos que crelo e saber vendelo, e niso estamos", engade Juan Antonio Rivadulla, de Viaxes Simply Travel da Estrada.

Desde a floración ata o momento da colleita, tres elaboradores ecoloxicos abren as súas portas para dar a coñecer unha sidra con personalidade propia. A deste lagar, por exemplo, non se escancia.

"É unha sidra artesanal, de calidade e fresca, moi diferente a todas as que probei antes", comenta Guadalupe González, de Dinka Travel Donostia.

"A nosa elaboración en concreto non se escancia, é unha sidra de mesa, como se fora un viño. Sérvese en copa e case non ten agulla", explica Nicolás Andión sobre a sidra ecolóxica Camino.

A visita de hoxe é de operadores turísticos de toda España. A Ruta da Sidra busca ampliar horizontes creando paquetes para que os visitantes durman, coman e exploren esta comarca rural.

"A fervenza do Toxa, o Pazo de Liñares, o de Oca... A idea é que máis aló das sidrarías, pasen un par de días aqui visitando, durmindo, probando a gastronomía, etc", di Juan Rivadulla, de Viaxes Simply Travel da Estrada.

"Estamos encantados, as casas rurais nas que estamos son espectaculares, moi sorprendidos con esta zona de Galicia máis descoñecida para o visitante", valora Miguel Jiménez, presidente da Asociación Valenciana de Axencias de Viaxe. 

Queren que a mazá sexa un motor da economía e do turismo deste Concello, que decidiu rescatar do abandono un cultivo tradicional cargado de futuro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade