Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os ocupas dos Durán buscan casa por Vilagarcía e disparan as alarmas

Os ocupas dos Durán buscan casa por Vilagarcía e disparan as alarmas

Sospeitan que están vivindo da solidariedade doutros ocupas, á espera dun teito fixo

En Trabanca Badiña detectan un aumento de toxicómanos dende o incendio nos Durán

 

G24.gal 18/03/2026 14:49

Marcharon dos Duráns cando lles ardeu a casa, o xoves pasado, pero non foron lonxe. 

"Hai uns días, cando xa estabamos na casa, vimos os dos Durán, entrar aquí porque como foi o incendio alí e xa non poden estar... asustan un pouco aos veciños, velos por aí pasando, ...", explica unha veciña, que coma os demais evitan dar a cara. 

O Carballo e o Huesos.

"Son xente coñecida e inconfundible, basicamente", engade.

De momento, non se lles coñece teito fixo e parece que van tirando da solidariedade doutros ocupas, que lles fan sitio. 

En Trabanca Badiña, como se non tiveran bastante co seu, detectan un aumento de toxicómanos dende o día do incendio, que relacionan coa clientela do Carballo e o Huesos. 

"Isto é asi, dun lado para outro, e o que mellor lles vaia", di con certa mágoa.

Polo menos un deles tamén o viron entrar e saír desta nave que no seu día foi de cementos e que leva anos ocupada. Ao outro, nesta outra que ata hai un ano foi un chino. 

"Dende hai ano e medio que pechou a ferraxería, non se vía movemento ata hai uns vinte días que se ve máis movemento de xente sen fogar. Coincide coa mesma xente que está nos aparcadoiros", comenta outra muller que frecuenta a zona.

"Si que vin bastante xente entrar e saír. Ao principio, só entraban e pechaban a reixa pero agora foron abrindo para todo o mundo. Entón, entraba e saía moita xente e escoitábanse golpes de como quitaban láminas e outras cousas e agora mesmo o local está desvalixado completamente", coincide outro home.

Os propietarios alugárona a semana pasada, con agasallo dentro.

"Dende hai ano e medio que pechou a ferretería, non se vía movemento ata hai uns vinte días que se ve máis movemento de xente sen fogar. Coincide coa mesma xente que está nos aparcadoiros", comenta outra muller que frecuenta a zona.

"Si que vin bastante xente entrar e saír. Ao principio, só entraban e pechaban a reixa pero agora foron abrindo para todo o mundo. Entón, entraba e saía moita xente e escoitábanse golpes de como quitaban láminas e outras cousas e agora mesmo o local está desvalixado completamente", coincide outro home.

Cambiaron o peche confiados en que marcharan pero o certo é que esta mesma noite aínda se puido ver movemento. Iso si, parece que nunha visita exprés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade