Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre unha muller atropelada en Rodeiro

Morre unha muller atropelada en Rodeiro

O sinistro tivo lugar no quilómetro 0,5 da EP-6201, a estrada que comunica Rodeiro e Antas de Ulla

Outra persoa atropelada no Grove tivo que ser evacuada en helicóptero

Foi mobilizado un helic´ptero medicalizado do 061 Foi mobilizado un helic´ptero medicalizado do 061
G24.gal 18/03/2026 19:28

Unha muller morreu atropelada este martes no concello de Rodeiro.  O 112 Galicia rexistrou o accidente un cuarto de hora despois das 18:00. Polo que indicaron varios particulares, unha muller fora atropelada no quilómetro 0,5 da EP-6201, a estrada que comunica Rodeiro e Antas de Ulla.
 

 

Con esta información, a Sala de Operacións do 112 Galicia informou o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o punto. Tamén acudiu a Garda Civil de Tráfico e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Rodeiro.

Porén, logo da chegada dos servizos de emerxencias, estes non puideron facer nada por evitar o falecemento da vítima.

Evacuado en helicóptero no Grove

Así mesmo, o 112 tamén informou de que un home que sufriu un atropelo no Grove foi trasladado en helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao hospital de Santiago.

Foi un particular o que deu o aviso do suceso ao redor das 16.30 horas ao trasladar que un coche acababa de atropelar un peón na avenida de Portugal desta localidade. O propio alertante informaba da posibilidade de que o implicado estivese inconsciente.

O 112 pediu a intervención dos servizos sanitarios, do Servizo Municipal de Emerxencias e da Policía Local do Grove. Finalmente, o ferido foi atendido no lugar e trasladado no helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Así mesmo, outras tres persoas resultaron feridas e foron trasladas en ambulancia ao hospital de Monforte de Lemos despois de saír da vía co vehículo co que circulaban pola estrada que vai de Escairón a Ferreira de Pantón, na Ribeira Sacra.

Por último, un home tivo que ser liberado en Mos (Pontevedra) tras envorcar no seu coche á altura da rúa Baloutas de Abaixo. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade