Comeza a primavera con ceo anubrado e temperaturas agradables
A estación arrinca con tempo tranquilo despois duns dos invernos máis chuviosos
Ata o 29 de marzo non cambiamos a hora, pero xa se notan os días máis longos
Este venres dáse a benvida a unha das primaveras máis agardadas dos últimos anos. Cambian os ánimos e as ganas de pasear para ver como a natureza se pinta de cores coas primeiras floracións. Iso si, non se confíen coas temperaturas, porque as previsións cambian a partir da semana que vén.
"Teremos un comezo tranquilo de primavera, sen avisos, pero ollo coas temperaturas a semana que vén pola entrada dunha masa de aire frío. Podemos empezar o luns con máximas de 20 e baixar a 14 a mediados da semana", explica Alberto Romero, metereólogo de Meteogalicia.
Especialmente pendentes do tempo están estes días os alérxicos, os poucos que atopan certas contras no cambio de estación. Haberá que agardar ata o día 29 para o cambio de hora, pero desde hoxe hai máis tempo para pasear.
"Hoxe o día e a noite duran o mesmo porque estamos no equinoccio da primavera. Pero a partir de agora os días serán máis longos", engade o meteorólogo.
Quedan por diante 93 días de primavera: ata que chegue o verán o próximo 21 de xuño.