A primavera será máis cálida do normal
Os modelos non aclaran se a próxima estación -que comeza o día 20- será máis chuviosa
Os datos climáticos asegúrannos para abril, maio e xuño, e nestas latitudes, as flores, os paxaros moceando, os paseos e ata algunha que outra alerxia. E tamén que hai loitas posibilidades de que a primavera vai ser máis cálida do normal.
"Esto é consecuencia da situación de quentamento global na que estamos, e desde fai moito tempo todas as estacións están sendo máis cálidas do normal", explicou Francisco Infante, o Delegado de Aemet en Galicia.
O que está máis difícil é predicir a chuvia.
"Os modelos din que a probabilidade dos tercís para a precipitación acumulada é a climatolóxica que é unha forma moi técnica de dicir que en realidade non se pode dar un prognóstico fiable de como vai ser o trimestre, se máis seco, normal, ou máis chuvioso do normal", detallou Francisco Infante.
O trimestre anterior os modelos tampouco de decantaban, e o que pasou é que acabamos no punto crítico. un corredor de borrascas entre dous anticiclóns moi estancados ao norte e ao sur".
En datos o inverno deixou -7,2ºC en Xinzo de mínima, e un refacho máximo de 185 km/h en Estaca de Bares. Foi o inverno con máis días de chuvia desde 1961.